A Escola de Música

escolaA Escola de Música ‘Concello de Ortigueira’ -EMCO-  comezou a súa andaina no ano 2000. Dende entón vén desenvolvendo unha labor educativa destinada a fomentar a afección musical entre os nenos e consolidala entre os adultos.

Os métodos de ensino do centro están actualizados e adaptados ás necesidades dos alumnos, que poden comezar os seus estudos a partir dos 3 anos contemplando as ensinanzas oficial e a de adultos, ambas cunha formación integral.

A importancia da música para contribuír a unha maior calidade de vida, lévanos a crear programas sociais como “Música para a Vida”, programar circuítos de concertos no noso concello así como a de impulsar ás agrupacións nacidas da Escola: A Banda Xuvenil, os Coros, o Grupo Celta, de Rock, Tradicional, de Cámara…

Xunto coa ensinanza propia dos instrumentos, na Escola impártense tamén as ensinanzas de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Conxuntos instrumentais e Vocais, así como Dirección, Harmonía,  Análise e Historia da Música.

Anuncios