Ortigueira é Música

Esta é unha característica innegable que nos define a tódolos orteganos e orteganas dende hai máis dun século de forma colectiva. O mesmo dá que esteamos a falar de música de bandas, de gaitas, de corais ou de calquera outro xeito de representación artística musical, sempre atoparemos ao longo da nosa historia intérpretes de calquera das súas formacións.

E como a música é compartir, moitos dos nosos familiares ou veciños emprenderon a súa emigración como formadores doutros profesionais tanto dentro como fóra do noso país. E iso nunca supuxo unha eiva para os que quedaron con nós, pois temos músicos para dar é tomar. E máis aínda, temos unha canteira inesgotable de mozos e mozas que desexan seguir practicando esta fermosa arte. Como botón de mostra, os alumnos e alumnas do noso concello que se están a instruír na nosa Escola Municipal de Música, na Banda de Música de Ortigueira, na Escola de Gaitas de Ortigueira e tamén formándose nos conservatorios doutras vilas.

Por tiñamos que poñer en marcha dende o Concello un día programado para que todo este xerme sexa animador dos nosos veciños e veciñas e que se integren uns cos outros para que todos unidos representemos a gran familia musical de Ortigueira.

Viva a Festa da Música! Agardámovos a todos e a todas!

María Isabel González Rey (Concelleira de Educación e Cultura)

Anuncios