Proxecto de recuperación do patrimonio musical ortegano

Descarga aquí o documento completo

1903banda-garroteEste proxecto forma parte do Plan Estratéxico para a recuperación e a divulgación da música de Ortigueira. As liñas de traballo comprendidas dentro deste Plan Estratéxico teñen que ver coa organización de eventos musicais e culturais en torno á música e o desenvolvemento de proxectos de edición e de posta en valor patrimonial da música en Ortigueira.

Todas as liñas de actuación son participativas.

As modalidades de traballo serán de dous tipos: eventos e proxectos organizados pola EMCO coa colaboración das demais entidades públicas ou privadas, ou eventos e proxectos organizados polas entidades públicas e privadas coa colaboración da EMCO.

corral-2A nosa misión é a de recuperar, preservar e salvagardar o patrimonio musical do municipio. Somos conscientes do coidado necesario na forma de recoller as testemuñas e documentos persoais dos nosos protagonistas e colaboradores neste proxecto. Do pasado máis lonxano ou máis próximo deben quedar imaxes, documentos, versións e testemuñas que constituirán un acervo de fontes á disposición da comunidade estudantil, dos expertos musicólogos e, por suposto, dos propios protagonistas.

O material que se recolla servirá para a investigación e difusión NON COMERCIAL, polo que non se verán infrinxidos nin os dereitos do autor, nin do propietario das imaxes e documentos que sexan cedidos ao Arquivo documental da Escola de Música do Concello de Ortigueira.

Principais elementos a recuperar:

IMAXES: 

De todas as agrupacións musicais que orquestaexistiron no municipio.

Elementos etnográficos e de tradición ortegana.

De personaxes (directores e compositores) do municipio.

Imaxes de festas orteganas.

PARTITURAS:

Adicadas ó municipio.

Escritas por compositores orteganos.

Música que soaba nas festas do municipio.

ARTIGOS DE PRENSA:

Todos os que conteñan información sobre actuacións musicais, historia ou novas dos grupos, as cales nos servirán como importantes fontes para realizar un estudo musicolóxico sobre a música ortegana.

DOCUMENTOS:

presentacion-coral-prtegana-1987Carnets de músico.

Cartas, saúdas e felicitacións.

Actas de concursos.

TRAXES ANTIGOS:

Traxes en desuso, que se depositarán no arquivo musical e patrimonial da Escola de Música de Ortigueira.

INSTRUMENTOS MUSICAIS:

Instrumentos en desuso, cun certo valor histórico, que se depositarán no arquivo musical e patrimonial da Escola de Música de Ortigueira.

Como colaborar con nós:

As túas fotos, partituras, documentos, traxes antigos, instrumentos… son de moita axuda para construír a memoria colectiva da música no municipio.

A Escola de Música do Concello de Ortigueira realizará a dixitalización dos documentos e fotografías, e procederá á correspondente devolución ao seu propietario xunto cunha copia dixital de cortesía, ben en CD, pendrive USB ou envío por email.

  • Entrega presencial nas instalacións da EMCO: tras recibir a túa visita, procederemos a realizar a dixitalización das túas fotografías ou documentos no momento, así como se queres doar algún instrumento ou traxe antigo, recollerémolo a modo de doazón ou depósito.
  • Entrega dos documentos por correo postal: unha vez recibidos os orixinais, procederase á súa dixitalización e devolución pola mesma vía con copia en CD ou pendrive USB ao propietario.
  • On line: aquelas persoas que desexen ceder unha fotografía, documento, audio ou video poderán enviar unha copia electrónica por

Email ao seguinte enderezo: cdieguez@concellodeortigueira.com

  • Solicitude de recollida por parte do doante: en caso de que o doante non conte con medios para facernos chegar a documentación coa que desexa contribuír, pode contactar con nós a través do correo electrónico, ou chamando a:

 

Escola de Música do Concello de Ortigueira

r) Márquez Cortiñas s/n

15330 Ortigueira

Tel. 981 40 24 32

escolademusica@concellodeortigueira.com