Proxecto editorial: “A música en Ortigueira”

Proxecto editorial: “APROXIMACIÓN HISTÓRICA DA MÚSICA NO MUNICIPIO DE ORTIGUEIRA”

DESCARGA AQUI O DOCUMENTO COMPLETO

libro-nov11  As liñas de traballo comprendidas dentro deste Plan Estratéxico teñen que ver coa organización de eventos musicais e culturais en torno á música e o desenvolvemento de proxectos de edición e de posta en valor patrimonial da música en Ortigueira.

Todas as liñas de actuación son participativas, tanto á sociedade ortegana, coma cara a institucións e medios de comunicación.

 Crearase unha serie de libros integrados dentro dunha colección dirixida por Carlos Diéguez Beltrán, director da Escola de Música do Concello de Ortigueira. Contará cun comité asesor de redacción e un comité científico formado por recoñecidos musicólogos relacionados coa Sociedade Española de Musicoloxía e a Asociación Nacional de Directores de Banda.

Esta colección trátase dunha publicación de carácter científico e divulgativo; sendo o resultado da suma de todos os proxectos que forman o plan estratéxico para a recuperación e divulgación da música de Ortigueira.

Os libros, escritos en galego, serán unha aproximación histórica  da música no municipio, en todas as súas vertentes.

Supón un proxecto extenso e complexo que necesita dun equipo de traballo plural e colaborativo para poder realizar esta tarefa. Ábrese un período ata o 31 de decembro de 2017, para colaborar no proxecto.

   Como colaborar. Envío de Orixinais

 Os textos enviaranse por correo electrónico ó seguinte enderezo: cdieguez@concellodeortigueira.com

O primeiro prazo de envío remata o 31/12/2017

LIÑAS EDITORIAIS

 Historia cronolóxica da música en Ortigueira dende o medievo.

  • Historia das agrupacións/grupos musicais que existiron/existen no concello (bandas de música, conxuntos e bandas de gaitas, corais, orfeóns, rondallas, orquestras de baile, grupos tradicionais, grupos de rock, pop… e outros xéneros musicais)
  • Personalidades de relevancia na historia musical do concello.
  • Composicións adicadas a Ortigueira e ó Ortegal.
  • Festivais e certames de música celebrados en Ortigueira.

 Presentación dos textos

  • Os textos que se envíen para a súa publicación deberán ser inéditos e non estar pendentes de publicación en ningunha revista ou publicación.

Aconséllase que contacten vía email co director da publicación, para coñecer se outro autor está a escribir/escribiu sobre o mesmo tema/estudo.

  • A lingua dos libros que formen a colección será o galego; adicionalmente, aceptaranse artigos escritos en calquera outra lingua oficial do Estado para a súa posterior tradución ó galego.
  • Non hai unha extensión determinada no texto.
  • Os artigos presentaranse en documentos electrónicos dos principais procesadores de texto: Microsoft Word ou Pages (Mac).
  • Todos los documentos presentaranse con tipo de letra Times New Roman, tamaño 12 e entreliñado 1,5 con xustificación.
  • Os permisos para publicar documentación restrinxida deberán ser xestionados polo autor. A colección non asumirá calquera responsabilidade que poida derivarse da utilización indebida de dita documentación. 
  1. Proceso de ditame dos textos
  • Os textos serán sometidos a un sistema de avaliación por especialistas musicólogos. O ditame servirá ó comité científico para decidir se procede ou non a publicación do texto. A decisión será comunicada ós autores. En ocasións, o revisor pode sinalar algúns aspectos a mellorar, quedando a publicación do artigo condicionada á incorporación das correccións sinaladas nos informes de avaliación. Así como se a extensión do texto non é a adecuada pola súa tipoloxía.
  • É necesario que o autor aporte as fontes que contribuíron a realizar o artigo. (Prensa, documentación, partituras,…) Este aporte serva por unha parte para comprobar a veracidade histórica do artigo, así como para formar parte do arquivo patrimonio-musical da EMCO.
  1. Corrección de probas

 O equipo editorial reservarase o dereito  a facer as correccións de estilo que estime oportunas.

  • A corrección de primeiras probas de imprenta será realizada polo autor.
  • O autor devolverá as probas corrixidas coa máxima brevidade posible para non demorar no proceso de publicación.
  • Non se aceptarán variacións significativas nin adicións que con leven un incremento da extensión do texto orixinal.
  • A corrección das segundas probas confiarase ó equipo editorial da publicación.
Anuncios