Plan Estratéxico

Consulta os diferentes apartados que forman o Plan Estratéxico para a recuperación e a divulgación da música de Ortigueira.

As liñas de traballo comprendidas dentro deste Plan Estratéxico teñen que ver coa organización de eventos musicais e culturais en torno á música e o desenvolvemento de proxectos de edición e de posta en valor patrimonial da música en Ortigueira.

Todas as liñas de actuación son participativas.

As modalidades de traballo serán de dous tipos: eventos e proxectos organizados pola EMCO coa colaboración das demais entidades públicas ou privadas, ou eventos e proxectos organizados polas entidades públicas e privadas coa colaboración da EMCO.

Anuncios